No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos.
De ser o caso, o programa, a través da súa memoria, determinará os complementos de formación que deberán ser concretados para cada alumno/a pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o compromiso de supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do/a doutorando/a ata a súa superación.
Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de dous cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de #máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán a efectos dos requisitos ordinarios de acceso ao Programa de Doutoramento.